voltar >

Obradoiro: Software libre musical como ferramenta didáctica

Organiza

Cofinancia e colabora

Datas: 12 - 13 - 14 e 15 de xuño

Horario: de 10:00h a 14:00h

Lugar: Aula nº8 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)

Nº de horas lectivas: 16

Límite de prazas: 24

Relator: Martín Leránoz Iglesias, Profesor do Departamento de Didácticas Aplicadas. Universidade de Santiago de Compostela

Dirección: Cecilia Portela López, Profesora do Departamento de Didácticas Aplicadas. Universidade de Santiago de Compostela

Inscrición: do 10 de maio ao 2 de xuño a través do seguinte ligazón

Obxectivos:

- Mostrar as diferentes posibilidades que ofrecen os editores de partituras (MuseScore*) e os editores de audio (Audacity**) na creación e deseño de materiais didácticos.

-  Proporcionar coñecementos a nivel usuario que permitan aplicar os editores de partituras como actividade na práctica docente para a comprensión da lecto-escritura musical.

- Proporcionar coñecementos a nivel usuario que permitan aplicar os editores de audio como actividade na práctica docente para actividades de percepción auditiva e de expresión vocal e/ou instrumental. 


Público a quen primordialmente vai dirixido: Mestres/as e estudantes de educación infantil, primaria e educación musical, profesores de música de ensino secundario,  profesores e estudantes de ensinanzas artísticas e outros profesionais de diferentes ámbitos educativos relacionados coa música.


Certificación: 

- Diploma acreditativo de asistencia de 16 horas.

- Un crédito ECTS para o estudantado da USC.


Breve descrición dos contidos:

O obradoiro estructurase en catro sesións (catro horas por día) cunha metodoloxía activa alternando explicacións de contidos teóricos con realizacións de actividades prácticas individuais en cada computador. Os contidos teóricos e prácticos a desenvolver son:

- Evolución histórica da informática musical

- A linguaxe MIDI e audio: aplicacións

- O estudo MIDI

- Os editores de partituras: Características principais e a súa aplicación didáctica. O software libre Musescore: interface, configuración/edición, escritura, elementos gráficos, paxinación e formatos de guardar/exportar.

- Os editores de audio: Características principais e a súa aplicación didáctica. O software libre Audacity: interface, configuración/edición, gravación, efectos e formatos de guardar/exportar.

(*) Software Musescore v. 2.0 (www.musescore.org)

(**) Software Audacity v. 2.1 (www.audacity.es)



Programa:


Día 12

10:00 a 10:15 - Recepción e inauguración do obradoiro
10:15 a 11:50 - As TICs na educación musical. Antencedentes e análise actual. A Linguaxe MIDI.
11:50 a 12:10 - Pausa
12:10 a 14:00 - As TICs na educación musical. O estudo MIDI, software e hardware

Día 13

10:00 a 11:50 - O software “Musescore”. Sesión teórica 11:50 a 12:10 - Pausa
12:10 a 14:00 - O software “Musescore”. Sesión práctica

Día 14

10:00 a 11:50 - O software “Audacity”. Sesión teórica 11:50 a 12:10 - Pausa
12:10 a 13:30 - O software “Audacity”. Sesión práctica 13:30 a 14:00 - Presentación da proposta didáctica

Día 15

10:00 a 11:50 - Desenvolvemento da proposta didáctica. 11:50 a 12:10 - Pausa
12:10 a 14:00 - Desenvolvemento da proposta didáctica. 14:00 a 14:15 - Remate do obradoiro e entrega de diplomas.




Relator:

Martín Leránoz Iglesias. Licenciado en de Pedagoxía Musical, Harmonía e Composición. Profesor Titular de Escola Universitaria do Departamento de Didácticas Aplicadas da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do grupo de investigación de Tecnología Educativa da Universidade de Santiago. Autor  e coautor de varias publicacións relacionadas coa informática musical. Desde fai dezaseis anos imparte regularmente  cursos de formación permanente sobre ás TIC na educación musical. A súa investigación se desarrolla fundamentalmente nas TIC na Educación Musical no deseño, aplicación e creación de recursos didácticos.