Asociación Educativa Cultural Musicrearte

       Portada                 

Hecho en Mac

<< cursos anteriores                                                               Cursos de verán 2009                                                       cursos siguientes >>

Profesores

Datos xerais

DURACIÓN

30 horas por curso (16h presenciais e 14 non presenciais)

DATAS

Do luns 6 ó xoves 9 de xullo de 2009

HORARIOS

- A golpe de música!: de 10:00h a 13:30h

  1. -A música tradicional na Educación Infantil e Primaria: 17:00h a 20:30

NÚMERO DE PRAZAS

Prazas limitadas (30 por curso) por orde de inscrición

DESTINATARIOS

Profesores e estudantes de música e outros profesionais de diferentes ámbitos sociais e pedagóxicos

LUGAR

Facultade de Ciencias da Educación (campus norte). Universidade de Santiago de Compostela

Créditos

Diploma acreditativo (30 horas por curso)

Crédito de libre configuración para o alumnado de tódalas titulacións da Facultade de CC. da Educación da USC por cada curso. Data de resolución: (4 de maio de 2009)

- Código do curso, A golpe de música! (2009/88)

  1. -Código do curso, A música tradicional na Educación Infantil e Primaria (2009/87)

José Manuel Fraga García-Armero


Profesor de Piano, Canto e Diplomado en Educación Musical por Jos Wuytack. Na súa formación destacan diferentes cursos sobre Pedagoxía Musical (Instituto Orff Salzburgo), Creatividade Dramática, Expresión Dinámica e Psicomotricidade, Pedagoxía do Solfexo e Piano, Musicoterapia e Música e Danza según Orff-Schulwerk.


Desempeñou a súa actividade profesional como Profesor da Escola Universitaria de Maxisterio da Coruña, Profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e como Mestre Especialista en Educación Musical do Colexio Mixto Obradoiro da Coruña.


Impartíu numerosos cursos organizados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (cursos de Postgrao entre outros), polo ICE da Universidade de Santiago e polo CEFORE da Coruña así como obradoiros no FORUM Metropolitano da Coruña dende a súa creación ata a actualidade.


É autor de varias publicacións en revistas sobre Educación Musical, artigos de prensa e vídeos didácticos.



Antón Castro Rodríguez


Mestre especialista en Educación Musical no CEIP Laverde Ruiz en Outeiro de Rei, Lugo. Membro do grupo Fuxan os Ventos e do Grupo de Cámara Só Voces.


Ten impartido numerosos cursos no ámbito da Literatura e a Música de tradición e ten colaborado con distintas Universidades galegas e Escolas Universitarias de Formación do Profesorado, así como cos CEFORES e Movementos de Renovación Pedagóxica.


A música tradicional na Educación Infantil e Primaria


Introducción


I - A MUSICA TRADICIONAL NO ECOSISTEMA DO ENTORNO ESCOLAR:

- Recolla de campo. Organización do centro e aproveitamento educativo do medio.


II - MUSICA TRADICIONAL E OBXECTOS DA VIDA COTIÁ: mesa, vasos, tazas, culleres...

  1. -Traballo rítmico sobre dous compases habituais na nosa música con cantos tradicionais.

  2. -Labouras agrícolas e traballo rítmico sobre delas: sega, malla, vareos, mazar o liño,mazar o leite...


III - OS CANCIONEIROS


IV - O CICLO ANUAL: nadal, reis, entroido, maios...


V - MUSICA E CREACION DE TEXTOS: Parrafeos, desafíos e regueifas.


VI - PROCEDEMENTOS MOTIVADORES PARA A MUSICA UTILIZADOS POLOS CEGOS/AS: A Literatura de cordel, títeres, carteis...

Programa

A golpe de música!



- O método Wuytack

- Afianzar e perfecciona-la técnica dos instrumentos corporais e dos instrumentos escolares ORFF

- Tocar e cantar.

- A Orquestra ORFF: Coñecemento, número de instrumentos e a súa colocación.

- A técnica da Pregunta-Resposta e a frase melódica

- As Escalas cos instrumentos Orff, as  súas características, diferencias e formación:

    - Modais: Dórica, Frigia, Lidia, Mixolidia, Eólica, Jónica.

    - Heptatónicas: Do M, Sol M, Fa M e as súas relativas

    - Pentatónicas: DO, SOL, FA, la, mi e re.

- Acompañamento: Tónica, Bordón, I e V, I e IV, I e VIl, I e II, I e VI, I e III

- Pautas para a harmonización e orquestración

- As formas musicais

- Interpreta-las partituras de diferentes autores

- Coñece-las distintas harmonizacións elementáis, así como as pautas pedagóxicas e metodolóxicas para o ensino, a montaxe e a dirección dunha obra musical.

- Exercicios e práctica cos instrumentos.